Neste programa centrámonos no selo galego Matapadre, unha destilería discográfica establecida en Santiago D.C., que acolle as bandas Lendrone, Telephones Rouges, Unicornibot, Colectivo Oruga e Disco Las Palmeras!
Escoitamos o segundo larga duración de Disco Las Palmeras!, a novas bandas como Jay (publicado en cassete por Seara) e Jijiji que comparten membros con DLP! e Telephones Rouges. Do ruído e as súas conexións pasamos ao baile de Colectivo Oruga que teñen tamén novo disco ao igual que !!! Rescatamos a Golpes Bajos e celebramos os 20 anos de 'Republic' de New Order.