Listen

Description

Programa emitido o 13 de novembro na Cuac Fm. Dedicamos o programa a banda ferrolá Carrero Bianco. Préstaronnos a súa música para a sintonía do programa nestas dúas tempadas da nova etapa na Cuac FM. Tocaba Carrero Bianco polo tanto e presentamos o seu novo disco ‘Horror! Horror!’. Sérvennos de escusa para falar da New Wave e poñer bandas como Devo, Talking Heads ou The Go Go´s. Sacamos ao bigotudo Giorgio Moroder porque nos apetece máis música disco. Pinchamos temas de Aviador Dro, Derribos Arias e Radio Futura para acompañar e dende o interior do Telón de Grelos soan Mullet e Mano de Obra.