Programa emitido na Cuac FM o 27 de novembro de 2013. Soa o disco de One Of These Days & Thee Heavy Random Tone Colour Lab e falamos da psicodelia e o hippismo de finais dos 60 e principios dos 70. O rock progresivo, o space-rock e moita psicodelia con clásicos como Pink Floyd e Syd Barret, bandas de culto como Kozmic Muffin ou practicamente descoñecidas como NHU. Tamén escoitamos o blues psicoélico de Moondogs Blues Party e o seu novo disco. Somos dos que nos colocamos escoitando música, aínda que iso non xustifica tan accidentado programa. Escoiten a música e perdoen ao mensaxeiro.