Este programa foi emitido o 26 de febreiro na Cuac FM.
Celebramos o cumpreanos de Johnny Cash, tería 82 anos se estivera no mundo dos vivos, escoitando o súa voz. Este é un programa moi clásico de country e rock. Dámonos o gustazo de concibir un programa de nostálxicas cancións e sabor da América do Norte. Dende A Coruña temos a All Night Workers, son uns revivalistas do rock and roll máis clásico e unha superbanda que grava en analóxico, o segundo álbum "Do It Again, Please" saíu con Grabaciones de Impacto no 2012, conseguindo un son xenuíno. Outros que interiorizan e fan seu sons do outro lado do atlántico son os membros de WolRus co seu magnífico 'Chasin' the Light'. Graham Summer súmase a selección de músicos galegos xunto con Niño y Pistola. Neil Young e Flying Burrito Brothers soan como parte da colleita máis clásica e anella. Tom Waits soara tamén para darlle ambiente de bar a este programa lemuriforme. O disco que nos gustaría que escoitaras hoxe é o do coruñés Luís Moro que ven de editar 'Cielo color Burdeos'.