Este programa foi emitido na Cuac FM o 5 de marzo de 2014.
O mércores de cinza supón a fin do entroido, o carnaval rematou pero nós temos un programa cheo de tolemia musical controlada e progresiva. Presentamos o novo disco de Cró!, a banda da Metamovida ponlle o titulo de "Pera" a un traballo de virtuosismo prog, jazz e rock. Así mesmos repasamos a súa discografía. Buscamos conexións con Frank Zappa, John Zorn, Raymond Scott e máis música tola. Escoitamos tamén a bandas afíns da Metamovida como Es Un Árbol ou Trilitrate que presentan o seu primeiro disco "Faláchesme na man".