Listen

Description

Este programa foi emitido na CuacFM o 26 de marzo de 2014.
Presentamos 'Mauna Loa' o novo disco de Guerrera. Esta banda da Metamovida publica con Matapadre, aos que lles agradecemos facernos entrega en man do seu segundo disco (grazas Toño!). Un álbum concepto dedicado ao volcán hawaiano con dous cortes "Montaña y Fuego" e "Magma y Trueno" que escoitamos ao completo. Dureza, psicodelia, rock e lava fundida na música destes galegos. Avivamos o fogo con Black Sabbath, Máquina!, Masters of Reality e Kyuss. Atención: programa Inflamábel!