Listen

Description

Este programa foi emitido na CuacFM o 2 de abril de 2014.
Coa publicación de "Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)" (Xonix Records, 2014), escrita por Fernando F. Rego e o ex-membro da banda luguesa Piti Sanz, revindícase esta formación de garaxe de finais dos 80. Xa lles dedicáramos un programa na tempada anterior e nesta quixemos facer un pouco de retrospección emocional e retromusical. Recordamos locais emblemáticos da cidade bimilenaria como o Pío Pío e o 2 de Copas que albergaron os directos que formaron en cultura alternativa a parte da xuventude local, entre eles quen firma este radio programa. Escoitamos a bandas do revival garaxeiro dos sesenta nos oitenta en España como Sex Museum, Los Negativos e Los Macana. Poñemos orixinais de The 13th Floor Elevators e Los Yorks para voltar á actualidade e despedir a Fantasmage e Los Thyssen. Tamén presentamos a nova gravación de Mack Barracuda Paramo Fuzzy Blues.
Un programa sobre a nostalxia revisitada e o rock garaxeiro sen fronteiras.