Este programa foi emitido na CuacFM o 9 de abril de 2014.
Valga, poboación do concello de Pontevedra, é a protagonista deste programa emitido na Cuac FM.
De alí son Noise Project, banda de ruído e melodía guitarreira á que recordamos por ternos deixado marabillados no seu momento.
Trala súa separación os seus membros repartíronse entre outras interesantes formacións e proxectos.
Músculo! é unha delas e escoitamos do seu primeiro Ep 'Selección natural' un corte que nos leva a un gozoso clímax.
Cazador sería outra e estrean tres temas en cartucho USB, presentado nun paquetiño selado. Ademais escoitamos a Álvaro Blanco, ex-Noise Project e parte de Músculo!,
que presenta un proxecto en solitario baixo o nome de Incurable.
Engadimos uns temas de Screaming Trees, Neu!, Slowdive e algún máis sacado da maleta dos lemures para facer contraste.
Recordamos tamén ás Franc3s, que se disolveron o ano pasado deixándonos o seu ruído zumbando entre as orellas.