Este programa foi emitido o 18 de xullo de 2014 na CuacFM.
Facemos un programa moi quente, explícito e directamente centrado no porno. En discos Porno para ser exactos. O selo "Do It Yourself" de Ourense é moi activo e decidemos dedicarlle a primeira parte do noso programa. Así escoitamos a bandas pornográficas como Haecceidad, Avecrem, Uppercut, Monstruo e Uzumaki. Facemos o noso habitual contraste con bandas como os postrockeiros Pele e a vehemente contundencia de Killing Joke e Suicide. Despois de poñernos cachondos co catálogo do selo continuamos na cidade das burgas para, precisamente, recordar o pasado da Burgas Beat escoitando a Cosecha Roja e Viernes y Los Robinsones.