Listen

Description

Este programa foi emitido o 25 de xuño de 2014 na CuacFM.
Rematamos a nosa segunda tempada cun programa con futuro e pasado. Pálida, proxecto de música electrónica do cantante de Durararará!!! Nelo, é a música que queremos que soe nas nosas raves no espazo exterior. Contrastámolo con Nathan Fake remisturado por James Holden. Chicharrón é o novo proxecto de Alberto Martinez Vecino e nace das cinzas de Franc3s. Acompañado de Ruben Dominguez, de Telephone Rouges, e Diego "Chape" Gende escoitamos a súa música de expiación que nos remite a Michel Gira e o seu World of Skin.
A segunda parte está dedicada aos vinte anos de "Super 8", o primeiro larga duración de Los Planetas é homenaxeado por xente como Klaus & Kinsi e os galegos Disco Las Palmeras! nun CD que acompaña a "De viaje por Los Planetas" da editorial Ondas del Espacio. Despedímonos ata a próxima tempada deste programa que viaxa no espazo e no tempo da música alternativa.