Listen

Description

Programa emitido o 15 de outubro de 2014.
Este é un programa de libre configuración, de escaleta móbil, de guión improvisado e de fantasmas accidentais.
Non sabemos se a nosa distinguida audiencia pertence a igrexa de Elvis, se creen que o seu espírito aínda vaga entre nós. Os lemures creen que Elvis está morto. Non creen no seu reinado. Foi o elixido para branquear o rock and roll. Os brancos non saben bailar.
A rebeldía de Elvis era mellor, máis guapa, máis americana que a de Chuck Berry ou Lil´Richard.
Reivindicamos aos Elvis negros, e escoitamos aos que herdaron o seu nome.
Traemos a Elvis Perkins e a Elvis Costello a colación.
Pero queriamos falar do Elvis Negro da Coruña. Unha banda de íntimo surrealismo e shoegaze mental. Buscamos algunhas conexións como a de Nouvelle Cuisine e rescatamos os proxectos dun dos seus ex-membros: David Miranda.
Rematamos con post-punk, os axitadores Ornamento y Delito con novo disco, e traemos do pasado a dúas bandas lendarias: Pere Ubu e Half Japanese que estarán no futuro inmediato en Galiza nun novo Sinsal en Vigo.