Este programa foi emitido na CuacFm o 22 de outubro de 2014.
Deseñamos un programa sobre espectros do pasado no presente. Sobre música empapada de nostalxia.
Escoitamos a Scritti Politti unha banda con nome que refire a Antonio Gramsci e que lle da título a unha canción con nome de outro teórico e filósofo: Jacques Derrida.
"Á “ontoloxía” do fin da historia, Derrida opoñía unha “fantoloxía” asediada polos espectros que superan a barreira do vivo e o morto, da alma e o corpo. (“Ontologie” e o neoloxismo “hantologie” son homófonos en francés; en inglés, “haunt” é “asexar” e incluso “embruxar”)." (Pablo Schanton)
Estreamos dous discos; o do galego Alex Casanova có seu debut Antagonasia (Crispis, 2014), e a chilena Javiera Mena con Otra Era.