Listen

Description

Programa emitido na Cuac FM o 2 de decembro de 2015.
O desbordante triplo CD do ourensán, de Quins (Melón), Emilio José, ocupa este episodio. "Agricultura Livre" foi publicado en Foehn, o selo máis independente da independencia estatal. O nosa pescuda lévanos ata Apeiron, banda única dun so disco publicada, onde deuse a coñecer Emilio José. A bossanova galega de Pescando em Copacabana, a brasileira de Antonio Carlos Jobim e Gal Costa, o viaxe de sorriso e pesadelo de Beach Boys no "Smiley Smile" , as 69 cancións de amor de Magnetic Fields e o jazz inmortal de Coltrane e Miles Davis configuran un programa que fixemos totalmente espidos.