Programa emitido na Cuac FM o 7 de outubro de 2015.
Comezamos a 4ª tempada na Cuac FM con máis música, lemures, fantasmas e outros accidentes.
Este programa viaxa no tempo e no espazo para pescudar na música alternativa galega e as súas posibles conexións. No episodio un viaxamos ao Londres de 1977 para escoitar a música da explosión Punk. Falamos do libro "Punk, La muerte joven" de Juan Carlos Kreimer. O autor viviu ese momento e foi publicado no ano 1978, agora cunha reedición e a perspectiva do tempo facémonos preguntas sobre ese momento de significado vital na música popular contemporánea. As bandas galegas que soan son Perpetuo Socorro, mellor banda da Coruña no XVI Concurso de maquetas da Cuac, Nave Nodriza e Sra Sr Sra.