Programa emitido na Cuac FM o 21 de outubro de 2015.
Unímonos ao Felabration 2015, unha celebración da vida de Fela Kuti a nivel mundial. Os seus valedores en España son Dj Floro e a periodista Sagrario Luna. Na cidade da Coruña houbo celebración propiciada polos Dj´s Jas Processor e Isaac Peces.
Fela Anikulapo Kuti é unha das figuras máis importantes da música africana, creador do Afrobeat e activista político cunha máxima: "A música é a arma do futuro"
Escoitamos a súa mensaxe e tamén aos seus fillos Femi e Seun que continúan representando o seu legado. Soa tamén Ogun Afrobeat dende Madrid. Escoitamos ao percusionista Tony Allen que ocupa un lugar fundamental dentro do xénero concibido polo músico nixeriano. E rematamos con Bento Veloso & Los Doce Trinches, gañadores da XVII Edición do Concurso de Maquetas de CUAC FM.