Listen

Description

Programa emitido na Cuac FM o 4 de novembro de 2015.
A música tribal e as gravacións de campo para perpetuar a cultura musical é o contido deste episodio no que podemos escoitar sons e voces de Aforca e de occidente. Centrámonos en Alan Lomax, inmiscilo estadounidense, considerado como un dos máis grandes compiladores de cancións populares do século XX, do que celébrase o seu centenario este ano. A través das súas gravacións descubrimos a Galiza de principios dos 50 en localidades afastadas con O Hío e Corcubión.
Os lemures aportan música tribal do seu Madagascar natal; un cachiño de Cabo Verde canta na voz de 24 mulleres en Burela; un tolo sueco chamado Peder Mannerfelt sintetiza músicas do Congo Belga dos anos 30; o tribalismo que recupera a tradición non-folk de Caxade e a innovación da etnomusicóloga Mercedes Peón da banda galega. Coa escuridade emanando vudú haitiano quedamos sen tempo. Quixemos rematar con IGMIG pero o tempo pasou por riba noso, sabemos como empezamos pero non como rematamos.