Programa emitido na Cuac FM o 16 de decembro de 2015.
Conformamos un programa de electrónica e kraut rock cun ollo na actualidade sen perder o retrovisor do pasado con raíces alemás. Estreamos en exclusiva o adianto do disco de Pantis, proxecto en solitario de Rubén Domínguez (Telephone Rouges, Chicharrón), e que sairá editado por Prenom Lab o próximo ano. Escoitamos o novo de Pálida e unha maqueta do proxecto ambiental e misterioso chamado Torso.
Hans-Joachim Roedelius é unha figura musical da vangarda, activo aos seus 81 anos, do que facemos unha breve retrospectiva polas súas bandas Harmonia e Cluster. Contrastamos coa actualidade da electrónica orgánica de Klara Lewis. Tanto a inglesa como Roedelius estiveron na última edición do Semibreve en Braga do que damos fe que non se botou en falla a Tim Hecker.
Falamos do microfestival organizado por Desconcierto Cultural #CortaPega. Korokati, John Grvy, Aloe Perra (Disco Episcopal) e Fire To Fire, xunto con Morales, estiveron en Compostela mostrando as últimas tendencias no xénero electrónico estatal.