Programa emitido na Cuac FM o 27 de xaneiro de 2016.
Rematamos coa serie de programas nos que xente de bandas galegas falan e recomendan cancións favoritas do seu repertorio, e de repertorios alleos escoitadas no pasado ano 2016.
Colaboran Toño de diola, Manu de Selvática, Raúl de Músculo! cos seus aportes e Isabel Fdez. Reviriego (Aries) é a primeira invitada a nova sección fixa de gravacións accidentais. A parte final do programa recorda a David Bowie, que trala súa morte, logo de publicar Dark Star como testamento, deixa música e emocións para revivir ad eternum.