Listen

Description

Queimamos as nosas caretas tralo último baile ritual nas corredoiras choqueiras do Entroido. Mércores de cinza cun programa dedicado ao Primos Hermanos,
festival de irmandamento entre Galiza e Asturias organizado por Desconcierto Cultural, que celebra a súa terceira edición este 2016. A viaxe é de ida e volta entre Compostela e Oviedo deste festival que "xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios"
Na nova sección chamada Lemuria onde unha persoa vencellada á música feita en Galicia fai unhas recomendacións temos de invitado a Rubén Domínguez (Pantis e Chicharrón) que rescata a efémera banda Cudevaso e recomenda a Jackson do Pandeiro, músico brasileiro de principios dos anos 50 considerado o Rei do Ritmo.