Programa emitido na Cuac FM o 7 de xaneiro de 2015.
Facemos escolma de bandas que máis que emerxentes son urxentes. Propoñemos un ano máis a unha serie de formacións galegas a seguir ao longo do ano 2015.
Unha lista con diversos xéneros musicais nos máis diversos estilos dentro da música alternativa de Galiza. Concordamos con desconcierto.com na aposta por algunhas destas bandas.