Programa emitido en CuacFm o 15 de abril de 2015.
Baixo unha abafante onda de calor primaveral escoitamos a "Asfixia" de Disco las Palmeras!, o novo disco da banda de Sarria na súa nova singradura co selo madrileño Sonido Muchacho. Repasamos a súa discografía composta por tres discos nos que plasman unha constante tensión entre potencia e control. Completamos con Bob Mould e os Sugar confrontados co a versión de "The Act We Act" que a banda liderada por Diego Castro fixo para a homenaxe que o programa "La Isla de Encanta" realizou polo 20 aniversário da publicación de "Copper Blue".
Na parte final apetecíanos pinchar uns temas da universal banda granadina Lagartija Nick, con case 25 anos de historia dentro do rock alternativo estatal.