Listen

Description

Neste programa 15 entrevistamos a Nervo da Rebeliom do Inframundo. Con el falamos de Ilegal, das producións, dos concertos xa dados, do pasado e da nova escola... Ademais realizamoslle as preguntas que nos enviachedes vós.

Tamén neste programa puxemos temas de Tiam GZ, O chamo Vilas, Dios ke te crew, Alto asalto, Alex Arnoso e Dario Dk, Melide, Rebeliom do Inframundo, Saul Zaitsev e Hip hop ateneu.

A instrumental foi producida por Petrowski (Ezetaerre): www.youtube.com/user/PetePetr...

PD: Recomendamos escoitar a entrevista a Nervo con cascos ou desde o ordenador!

[IMPORTANTE] - PROBLEMAS COA ENTREVISTA

É posible que moitas e moitos de vós non lográrades escoitar a entrevista a NERVO do Programa 15.

Isto sucedeu porque a entrevista, a raiz de deficiencias loxísticas no estudo de radio, non se puido gravar cun balanceado axeitado da sinal de audio.

Como solucionalo ? Realmente non é un problema, pois unicamente non poderá escoitarse no altofalante de certos móbiles.

Polo tanto, poderase escoitar en calquera equipo de son estéreo (equipos de música, ordenadores, etc) e por suposto sempre que se usen cascos, auriculares, etc.

Así mesmo, vaise subir a entrevista por separado E CON ESTE PROBLEMA AMAÑADO en YouTube.

Pedimos encarecidamente desculpas e aproveitamos para insistir na austeridade e o esforzo co cal levamos este proxecto adiante, a pesar dos obstáculos que se presenten.

Unha aperta a todos e todas !!! Forza ó Hip Hop en Galego !!!

Lembra as nosas redes sociais, onde poderás coñecer mellor aos artistas e a súa actividade.

FACEBOOK: www.facebook.com/hiphopemgalego/
INSTAGRAM: www.instagram.com/hiphopemgal...
WORDPRESS: hiphopemgalego.wordpress.com/
TWITTER: twitter.com/HiphopGalego
SOUNDCLOUD: @user-746843556
IVOOX: www.ivoox.com/podcast-hip-hop...