Listen

Description

Aquí por fin o derradeiro programa da primeira temporada de Hip Hop Em Galego.

#HHmGRadio24

Tras varios obstáculos e tras superar varias dificultades, aquí vos deixamos o programa final, non sen antes pedir desculpas pola variación de son. Infortunios que xorden e que agardemos que comprendades.

Neste programa soarán temas de Boyanka Kostova, Abel con Dous Haches, Enxebre para comezar. Despois continuaremos con temas do Portughes co Neno Basko, de Paw e Malvares, de Riván e de Sokram. Tamén aproveitaremos a falar sobre o panorama de hip hop na Galiza por comarcas, destacando alguns dos artistas.
Para finalizarmos, disfrutaremos con temas de Ezetaerre e Non Residenzt.

O beat do programa nº 24 corre a cargo de Volk Gz.

Pasade un bo verán e agardamos vernos e escoitarnos á volta. Namentres podes repasar todos os nosos podcast nas nosas redes sociais

Lembra as nosas redes sociais, onde poderás coñecer mellor aos artistas e a súa actividade.

FACEBOOK: https://www.facebook.com/hiphopemgalego/

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/hiphopemgal...

WORDPRESS: https://hiphopemgalego.wordpress.com/

TWITTER: https://twitter.com/HiphopGalego

SOUNDCLOUD: https://soundcloud.com/user-746843556

IVOOX: https://www.ivoox.com/podcast-hip-hop...