Engade Bugallo que Santiago “non pode conformarse con quedar aí”, ou resignarse, di, a unha posición “mediocre”. Afirma qeu “temos que ser a referencia, porque “Galicia brilla en Santiago, e todos os galegos teñen que ter unha capital da que se sintan orgullosos. E a nosa obriga é ofrecerlle ao resto dos galegos, esa capital que merecen, esa capital que demandan”.