Neste programa dámoslle voz ás familias preguntándolles unha serie de cuestións que afectan directamente aos seus fillos e fillas. É o momento de saír xa da casa? Que pensades do plantexamento elexido para o remate curso? Que dificultades estades a atopar estes días para continuar co proceso de aprendizaxe da rapazada? Sete familias falan ao respecto e nos contan a súa opinión, facéndonos chegar reflexións moi interesantes.