Listen

Description

O equipo de reporteiras de conexión Tarrío contactou hoxe, con motivo da celebración do 8M, con Alejandra Lago. Ela contounos en primeira persoa o caso de discriminación que está a sufrir no seu posto de traballo na Universidade de Vigo simplemente por ser nai. A súa testemuña axudounos a comprender unha situación inuxta que, aínda a día de hoxe, teñen que sufrir moitas mulleres por diversas circunstancias, as veces tan naturais coma o feito de ser nais. Dende CT quixemos apoiar a súa loita e difundila. Unha forte aperta Alejandra e ánimo!!