O pasado mes de Maio fixemos un programa especial adicado á nosa fermosa lingua. Este programa contén unha escolma de entrevistas que as nenas fixeron a personaxes tan relevantes como o escritor Antonio Fraga ou a pintora Camen Martín que visitou a nosa emisora con motivo da realización do obradoiro "Viñetas no camiño". Tamén podedes gozar cos gañadores do I concurso de relatos organizaco desde Bibliotortu e poderemos tamén escoitalos lendo os textos premiados.