David volve a Conexión Tarrío para facer un un programa especial sobre o seu piloto de F1 preferido. Este non é outro que Fernando Alonso. David, ademais de facer un percorrido pola súa vida persoal e profesional, narra un dos momentos máis destacados da súa traxectoria deportiva: o GP de F1 de Valencia no 2012 no que o piloto fai unha remontada memorable e espectacular dende o posto 11º ata, finalmente, vencer na carreira.
Noraboa outra vez David, a verdade é que a túa narración pon os pelos de punta.