Listen

Description

Que chulo nos quedou o programa de hoxe!! Verdadeiramente, non deixedes de escoitalo. Poderedes comprobar como o talento non se pode confinar na casa. Grazas a nosa radio, hoxe escoitaredes aos vosos "compas" e mestres tocar os seus intrumentos e interpretar, cada un deles, unha canción que queren facervos chegar, e dedicarvos, a través de Conexión Tarrío. Noraboa a todas e a todos!!