Listen

Description

Nova tempada de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de outubro de 2021. A radio, actualmente, conta coas seguintes seccións que se poden escoitar e descargar de balde:

* Novas chivitianas: Paula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro.

*Bibliochivite: Uxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:

- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos a Valeria González Pérez (1º ESO) e Erika Barbosa (2º BAC).

- "Libros vivos". Neste programa Eliana Reigada (1º BAC) fará unha recensión sobre Un lume azul de Pedro Feijoo.

- "Infobiblio", espazo onde Eirín Seoane (2º BAC) nos presenta as distintas actividades que se realizan na nosa biblioteca.

- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.

- "Ningún venres sen poesía". Diana Calvo recita "Me gusta cuando callas", de Pablo Neruda

- Entrevista: Javier Salgado (4º ESO) entrevista á antiga alumna do noso centro, Esther Santiago, que regresou estes días para presentar o seu libro Tan humana como tú.

* Adiviña quen é: con Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.

* Dicímolo nós: hoxe aprendemos un pouco máis da nosa lingua con María Guerra (2º BAC).

* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (2º BAC) entrevista ao profesor de grego Daniel García Cancio.

* O recuncho de...: David Rodríguez Rivada. Neste programa o profesor de música cóntanos como é o recuncho no que pasa boa parte do seu tempo de lecer.

* Entrevista: David Salgado entrevista a Laura Romero, ilustradora, urban sketcher, creadora do proxecto "Músicas galegas ilustradas" e baixista da banda de rock de Cerceda Zënzar.

* A peza musical: escoitaremos Fomos o futuro, de Zënzar.