Programa especial emitido dende A Voz de Arnaldo con motivo da celebración do 8 M no Ceip de Seixo. Un programa radiofónico musical adicado exclusivamente ás mulleres no que se van escoitar diferentes cancións que tratan temáticas abordadas no centro para traballar esta celebración. Nel tamén se dá cabida á lectura do manifesto elaborado polo Concello de Marín para esta data.