Listen

Description

Neste programa achégamonos ás Redes de Apoio Mutuo que nacen para afrontar problemas ocasionados pola pandemia. Falamos sobre coidados e reflexionamos sobre economía solidaria. Contamos co músico Nacho Gharbanzo; coa escritora Emma Pedreira; con Marta Bóo, Presidenta de REAS GALICIA; con Loli Patiño e Diego, coordinadoras do Grupo de Apoio Mutuo da Coruña; con Rosa Gallego, do grupo de traballo ‘Cose na Casa’; David Ordás, do grupo de Cicloloxística dos GAM e con Concha Rey, voluntaria do Banco de Alimentos Rías Altas.

Tamén contamos coas colaboracións de Begoña de Bernardo e Laura Rey, coas que falaremos sobre coidados e cooperación e coas voces de Lois Castro, Gabriela, Angela, Eyner, Javier e Alexis.
O programa complétase coa música de Gharbanzo Neghro (Na Galiza da Festa), Nacho Gharbanzo (Somriu), A Banda da Loba (Bailando as rúas), Zënzar (Todo se extingue, Paranoia e Incomunicados), Baiuca (Morriña), Sofía Espiñeira (A vida contemplativa), Magín Blanco ( O Amigo Invisible), Fausto (Uns vao bem e outros mal), Lydia Botana (Quen nos queima), O´Leo de Matamá (A Tribo na que vivo) Su Garrido Pombo (Pecados e Quedo a vivir aquí), María Arnal e Marcel Bages (Canción Total).

Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan.

Aquí tes máis informacion
www.atribo.gal
twitter.com/AtriboRadio
https://t.me/ATriboRadio
https://www.instagram.com/atribo.gal/
https://www.facebook.com/ATriboRadio

O equipo
REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa
COORDINACIÓN Verónica Álvarez
DESEÑO GRÁFICO Laura Romero
COMUNICACIÓN Rosabel Candal
SUPERVISIÓN Duarte Crestar
PRODUCIÓN Tingalaranga
REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda