Capítulo número 11 de Radio Outeiro, a radio popular e participativa de San Sadurniño. Hoxe repasamos a actualidade local en "Sansa News", entrevistamos a Roi Painceira de "En pé podoloxía", atendemos ás peticións da nosa escoitanza, seguimos na procura da canción do verán do Outeiro e pechamos coma sempre coa música local, hoxe co grupo de cantos de taberna do concello.