Chegamos á ducia de programas en Radio Outeiro! Esta semana comenzamos repasando as novas locais en "Sansa News", facemos un especial "Día da Matria Galega" coa colaboración da nosa escoitanza, repasamos a clasificación da "canción do verán do outeiro", e despedímonos coma sempre cunha canción dun grupo de San Sadurniño, hoxe, como non podía ser de outra maneira, co tema "Nación" do grupo "Saraibas".