Listen

Description

Este episodio número 13 é o derradeiro da cuarta tempada de Carretando. Despedímonos dunha tempada moi frutífera para todas as persoas que formamos parte do proxecto. Moitas analistas, moitos temas a tratas e moitas gañas de falar sobre a nosa política teñen marcado esta cuarta tempada do podcast.

Neste episodio 13, falamos sobre o resultado electoral que se produciu o pasado 18F en Galicia. Desta volta, contamos con Román Varela, Carmen del Río e Yannick Juncal pola parte do equipo de Carretando; e con Marta Casais, Roi Pérez e Ana G. Liste como invitados de luxo.

Desfrutade do capítulo e descansade, que nós pronto volvemos!