Listen

Description

Gonzalo Navaza Blanco é escritor e filólogo, ademais de profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, así como estudoso e investigador no eido da onomástica. Hoxe falaremos con el en Radio Ateneo Podcast sobre toponimia galega, ámbito no que realizou recollida de campo e corrección dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Pontevedra e Ourense.