Listen

Description

Nadia Vázquez é intérprete de musette barroca e gaita galega. Formouse no Conservatorio da Guarda e no Superior de Vigo, ampliando estudos na LUCA School of Arts (Bélxica) con Jean-Pierre Van Hees. Participou con La Chapelle Harmonique na gravación de Les Paladins de Rameau e gañou o Premio Tremplin de Harmonia Sacra. Actúa en festivais europeos e conta con varios galardóns, como o 1º premio en Le Son Continu (2018) e no Concurso Xacarandaina (2016).