Listen

Description

O Premio Barriga Verde de textos de teatro para monicreques 2024, na modalidade infantil, leva o título de Manchea. Está escrito por Andrea Freire e ilustrado por Lola Villar Pérez.
Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nunha emocionante e sorprendente aventura. Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de ruptura de estereotipos e autoafirmación e inclusión. As protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmas, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que nin sequera é necesario falar para atoparen a súa propia voz.