Un libro para lectorado que comeza a ler e quere pensar.
Os migrantes de Marcelo Simonetti e María Girón publicado por Kalandraka, para falar do que hai detrás desa palabra que lle dá título e está tan de actualidade. Porque... que son os migrantes? Un doce, un xogo, unha mascota...? Debemos terlles medo? Este álbum é unha fiestra aberta ás palabras e o seu significado, ao pensamento infantil, á relación entre irmáns, ao que un supón que sente o outro, ao que fan xuntos no día a día, á observación da natureza