Listen

Description

Esta semana na Axenda Cultural de Radio Ateneo traemos unha chea de plans para non quedar na casa: conferencia de Nicolás Sartorius no Ateneo de Santiago, últimas oportunidades para visitar exposicións como A Emoción creadora ou (In)visibles y (o)cultas, obradoiros de bordado e astronomía na Ánxel Casal, poesía con Tsvetanka Elénkova, faladoiro no Museo do Pobo, circo, teatro, monólogos e música en directo con Shinova, Fito & Fitipaldis, Nach ou o supergrupo Drink The Sea. E, para as familias, contacontos e circo para todos os públicos no Auditorio de Galicia.