Outubro chega a Compostela cheo de música, teatro, literatura e maxia. Esta semana convídanos a percorrer a cidade a través das artes: dende a conferencia inaugural dos Luns do Ateneo con Carmen Calvo, até os concertos do Ateneo Barroco no Teatro Principal. A lectura ten tamén o seu espazo coa SELIC, mentres que a música resoa en escenarios como o Auditorio de Galicia, a Sala Capitol ou o Riquela Club, con nomes como Delaporte, Eladio y los Seres Queridos ou Cristian Silva.