Listen

Description

Máis de 50 concertos temos rexistrados para esta fin de semana en Galicia. Evidentemente non nos da para falar de todos pero Carlos Crespo fainos unha escolma dos plans imprescindibles. Empezamos polo noso querido Outono Códax, que chega ao seu remate por todo o alto. Tamén se despide o Orballo Cultural cunha festa na que participan Grande Amore, Apart e The Rapants. Falamos con Martirio do concerto que xunto a Chano Domínguez ofrecerá no Teatro Colón da Coruña. Tamén podes facer plans cos concertos de Baiuca, Dani, A Banda da Loba, Agoraphobia, Caamaño e Ameixeiras, Rebeliom do Inframundo, Sr Salvaje, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Budiño, Secho, Guadi Galego, Pablo Lesuit, The Soul Jacket, Límbico, As Efémeras, Sés, Cadelo Lunático, Risco e Narci Rodríguez da Trío.
De fóra de Galicia chégannos Antílopez, Porco Bravo, Rat-Zinger, Escuela de Odio, Love of Lesbian e Spin Offs.
A estrea discográfica da semana é o retorno de Carlos Ordóñez da man de Ferror Records.
Soan Aurora Nealanad & The Royal Roses, Grande Amore, Rebeliom do Inframundo, Antílopez, Martirio e Chano Domínguez, Budiño, Porco Bravo e Sés.