Primeira parte do concerto «Imaginarium», protagonizado por El Afecto Ilustrado (Adrián Linares, Alejandro Marías e Alfonso Sebastián). O programa percorre Italia e Centroeuropa a través de Frescobaldi, Bertali, Buxtehude, Schmelzer e Biber, explorando o Stylus Phantasticus, unha das formas máis libres, imaxinativas e cheas de frescura do barroco instrumental.