Hoxe reinauguramos a nosa serie dedicada a revisitar os concertos do Festival Ateneo Barroco 2024. Mari Carmen Sánchez guía a escoita da primeira parte de La Défense de le blanc ou Le Traité, unha obra concebida como retrato histórico dunha batalla musical. A interpretación correu a cargo do conxunto Concert Le Phénix, dirixido por Fernando Santiago, no concerto celebrado na Igrexa da Universidade o sábado 5 de outubro de 2024.