Listen

Description

(Este podcast foi realizado no seno dun grupo de enriquecimento curricular e a profesora de ARCO, con Quique, Mateo e Pedro, durante o curso 2021-2022).

​​​Benvidos aos nosos laboratorios científicos!

Big bang! A ciencia é o noso gran afán!

Nesta emisión de radio, queremos debatir sobre un tema de preocupación social: A posible extinción do noso planeta Terra. É unha posibilidade entre un millón, como millón de galaxias habitan no noso inmenso universo. Polo tanto, será ou non será? Esa é a gran cuestión.

Neste caso, contaremos con tres célebres científicos, quenes amosan as súas conclusions grazas aos seus artículos de ciencia. Cada un deles amosa a súa perspectiva tras longas horas de investigación e experimentación. Cada idea prestixiosa é tan solida como diferente.

Compartides os seus postulados?