(Este podcast foi desenvolto no seno dun programa de enriquecimento curricular e a profesora de ARCO con Quique, Mateo e Pedro, durante o curso 2021-2022).
No seguinte podcast contaremos coa colaboración de representantes de distintos países que están a participar na cumbre da Organización das Nacións Unidas (ONU). O tema a tratar son os obxectivos de desenvolvemento sostible (O.D.S), un tema de gran actualidade, co obxectivo de poñelos en práctica na futura Axenda 2030. Emitimos en directo as súas propostas, dende a sede de Washington D.C.
Certos obxectivos voan polo aire. Fin da pobreza? Fame cero? Saúde e benestar? Igualdade de Xénero? (...) son algunhas das moitas inquedanzas abordadas, para facer do noso mundo un lugar mellor.
E vós? Tedes algunha outra suxerencia para axudarnos nesta misión universal?