Listen

Description

Un de cada seis habitante do noso planeta sofre unha doenza desatendida de doada solución médica. Coñecemos os traballos da fundación "Mundo Sano" da man do seu coordinador Juan José de los Santos. As médicos Míriam Navarro e Arancha Amor cóntannos o seu traballo de loita integral contra o chagas en España e a helmintiase en Etiopía, respectivamente. A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía.