Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o "Aerogels Lab" e vén de gañar o premio "Francisco Guitián Ojea" por desenvolver aeroxeles estériles con aplicacións biomédicas. (33:14) Ruta botánica no Mosteiro de Caaveiro con Maite Vence de Observer. (37:32) O premio Fernando Calvet levouno o grupo de investigación Neurobesity do CIMUS dirixido por Miguel López polo desenvolver novas estratexias contra a obesidade baseadas no control do gasto enerxético desde o hipotálamo.