Listen

Description

Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

Neste episodio, Laura Salonen —investigadora Ramón y Cajal do grupo de Nanomateriais Híbridos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre outras cousas, a investigadora finlandesa confesa que, para concentrarse, ten un ritual moi persoal: escoitar a banda sonora de O Señor dos Aneis. 

Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.