Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.
Neste episodio 0, Mónica Valderrama —vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais—, fálanos dos motivos da incorporación deste novo formato ao proxecto, así como do compromiso da Universidade de Vigo cunha divulgación científica accesible, inclusiva e próxima.
Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.